Cinemas da Lúa no transistor...
Descarga aquí a cuña radiofónica
Cada un dos tres amigos ten un xénero cinematográfico preferido. Andrés gusta das películas románticas, e con certa melancolía suxire unha longametraxe deste tipo. David non quere saber nada das películas de amor, e responde, de xeito taxante e descartando por completo a alternativa de Andrés, unha película de terror, que a maioría dos espectadores catalogan con asiduidade con esta expresión: “unha de medo” . Arianne está totalmente indecisa, non sabe que quere ver, pero, entón, para frear os seus amigos, e tratar de dar unha solución a discusión, ademais de para querer captar de atención deles e que tamén a ela a teñan en conta, di, dun modo dubitativo: “Un musical?”. Con esta cuña damos a resposta a todo que a xente quere ver: Cinemas da Lúa.
0 comentarios